Bineka, nacida na profundidade dun dos últimos pulmóns verdes do planeta, é apresada por Maxime e os seus homes, que arrasaron a súa aldea. Pero, tras sufrir un accidente, a nai selva protéxea e é adoptada por un clan de chimpancés, cos que convivirá varios meses. Ao mesmo tempo, Lola Freixido, unha exitosa directiva, viaxa ao Congo para rescatar á súa mellor amiga, Beatriz Arriondas, unha cooperante ambiental que foi secuestrada.
Bineka e Lola enfrontaranse a unha complexa trama de corrupción e veranse abocadas a unha fuxida chea de aventuras que correrán en compañía de Colin Blackhill, un cooperante británico que se cruza no seu camiño e que axudará á moza congoleña a loitar pola conservación do seu mundo.
Unha conmovedora alegación ecoloxista. Un canto ao conservacionismo e unha gran historia de amor na lendaria selva africana.

Ningún comentario:
Publicar un comentario