Tradutor

Todo va a mejorar


O libro trata sobre o totalitarismo da felicidade. Inventar unha felicidade para todos, adormentar todo conato de oposición mediante a dopamina do consumismo e a posesión e xa temos un rabaño. Juan Francisco Martínez Sarmiento. Ese é o personaxe con cuxo delirio empeza todo: o Gran Capitán. É un empresario rico, de renome. A crise do Coronavirus dánalle economicamente e faille concibir un proxecto político que é pura megalomanía. Cual xeque futboleiro, xunta varias células operativas para as que vai recrutando galácticos do seu campo. Desta forma crea un cadro de persoal de hackers, outro de biotecnólogos, virólogos. 
Parece que todo esto emerxe dunha lectura un pouco excesiva do que foi a crise do Coronavirus. Para Juan Francisco non foi máis que unha manobra na que se aproveita o desacougo da pandemia para recortar liberdades do cidadán a punta de desinformación e enarborando a bandeira do medo. Desde esa análise el vai concibir a súa idea. 
Máis tarde, coñecemos a Megan. É unha coach política. Noiva dun candidato prefabricado do PP que, ao non obter éxito electoral, cesa a relación laboral e carnal; deixándoa na cuneta da vida. É un personaxe moi intelixente e patética, namoradeira e maquiavélica, competente e incapaz. 

A súa desesperación vital convértea nun ser cínico que dará por boa a chamada a filas como factótum de Juan Francisco.Tamén atopamos a Mónica Hernández. Profesora de historia, nai de dous fillos novos, divorciada e acomplexada pola molicie na zona das súas tríceps. 

Un bo día levántase e descobre que non hai Internet. Ninguén ten. Ao cabo dun día les devolven un sucedáneo da rede, sen liberdade de navegación. Un bloque de sete aplicacións para todos. Todo baixo control gobernamental. Da súa filla, só sabe que a mandan á España baleirada como voluntaria de repoboación. Guste ou non á súa filla esta decisión, de sabor siberiano. Como os citados, atopamos moitos máis personaxes. Aínda que algúns só son meras comparsas para que a acción flúa.





Ningún comentario:

Publicar un comentario