Tradutor

La habitación de Nona


Unha nena sente unha envexa crecente cara á súa irmá Nona, a quen sempre lle pasan cousas extraordinarias das que ninguén é testemuña. Unha muller ao bordo do desafiuzamento confía na axuda dunha benévola e misteriosa anciá. Un grupo de estudantes comenta un cadro e, de súpeto, un estraño elemento da pintura creba a serenidade do momento. Unha muller alóxase nun hotel madrileño e, ao saír á rúa, experimenta un salto no tempo… Cristina Fernández Cubas volve á infancia e á madurez, pousa a súa mirada na soidade e na familia, indaga na vida aparentemente anodina que levamos, e descóbrenos que o enigmático, o asombroso, pasa inadvertido ata que temos o lanzo de pararnos a observar con detemento.

Ningún comentario:

Publicar un comentario