Trata sobre un home chamado Carlos Stuart Pedrell, un influente home de negocios ao que se supoñía de viaxe polos mares do Sur desde facía xa un ano enteiro, pero que aparece asasinado a navalladas nun solar abandonado dun barrio periférico. O seu amigo e avogado, o señor Viladecans, contrata a Pepe Carvalho para pescudar que fixo a vítima durante o ano enteiro que nunca chegou a pasar na Polinesia. Pero o asasino é o de menos: trátase de saber en que negocios andou metido. Carvalho, a medida que vai avanzando no caso, descobre unha personalidade fascinada por Gauguin, obsesionada por seguir os seus pasos e inmersa nun formidable enredo repleto de contradicións.

Ningún comentario:
Publicar un comentario