A primeira novela de Isabel Allende, A casa dos espíritos, narra a saga dunha poderosa familia de terratenentes latinoamericanos.
O despótico patriarca Esteban Trueba construíu con man de ferro un imperio privado que empeza a cambalearse co paso do tempo e unha contorna social explosiva. Finalmente, a decadencia persoal do patriarca arrastrará aos Trueba a unha dolorosa desintegración. Atrapados nunhas dramáticas relacións familiares, os personaxes desta poderosa novela encarnan as tensións sociais e espirituais dunha época que abarca gran parte do século XX.

Ningún comentario:
Publicar un comentario