Filla ilexítima dun rico home de negocios, Mariam críase coa súa nai nunha modesta vivenda nos arredores de Herat. Aos quince anos, a súa vida cambia drasticamente cando o seu pai a envía a Cabul a casar con Rashid, un tosco zapateiro trinta anos maior que ela. Case dúas décadas máis tarde, Rashid atopa nas rúas de Cabul a Laila, unha moza de quince anos sen fogar. Cando o zapateiro lle ofrece acubillo na súa casa, que deberá compartir con Mariam, entre as dúas mulleres iníciase unha relación que acabará sendo tan profunda como a de dúas irmás, tan forte como a de nai e filla. A pesar de a diferenza de idade e as distintas experiencias que a vida lles deparou, a necesidade de afrontar as terribles circunstancias que as rodean, fará que Mariam e Laila vaian forxando un vínculo indestructible que lles outorgará a forza necesaria para superar o medo e dar cabida á esperanza.

Ningún comentario:
Publicar un comentario