Tradutor

Cuando sale la reclusa


O comisario Jean-Baptiste Adamsberg, tras unhas merecidas vacacións en Islandia, interésase de inmediato ao seu regreso a Francia pola morte de tres anciáns a causa das picaduras dunha Loxosceles rufescens, máis coñecida como a reclusa: unha araña esquiva e velenosa, pero en ningún caso letal. Adamsberg, que parece ser o único intrigado polo estraño suceso, comeza a investigar ás costas do seu equipo, enredándose inadvertidamente nunha delicada e complexa trama, chea de elaborados equívocos e profundas conexións, cuxos fíos se remontan á Idade Media. Un caso elusivo e contraditorio que se escapa a cada momento das mans do comisario, facéndolle regresar á casa de saída. Só as súas intuicións, tan preclaras como dolorosas, serán capaces de devolverlle a confianza que necesita para saír ileso da rede tendida pola máis perfecta tecedora...

Cando sae a reclusa é sen dúbida a obra máis ambiciosa de Fred Vargas, a raíña indiscutible da novela negra europea. Nela entrecrúzanse con mestría todos os temas que converteron a publicación de cada unha das súas novelas nun auténtico acontecemento literario, tanto para a crítica como para os lectores: o medievo, a arqueoloxía, os mitos, o mundo dos animais e, por suposto, a descrición detallada e poderosa dos escuros labirintos da alma humana.

É unha brillante novela policíaca que levará ao lector por unha xenial viaxe por Francia (Nimes, París, Cadeirac…) desde a década de 1940 ata o presente, enlazando unha serie de acontecementos grazas á portentosa mente, tambaleante por momentos, do comisario Adamsberg.

O caso da muller atropelada resólveo nun tempo rápidísimo, para empezar a cobrar interese na súa cabeza o caso dunhas mortes de anciáns debido a mordeduras dun tipo de araña chamada ‘reclusa’ pola que sentiu un interese previo un dos xendarmes da súa Brigada Voisenet. Segundo un experto aracnólogo, é practicamente imposible que este tipo de arácnico ataque ás persoas. E menos matalas, porque farían falta centenares para logralo.

Nesa mesma consulta, o comisario, que sospeita que os anciáns foron asasinados desde antes de falar co aracnólogo, atópase cunha anciá chamada Irène Royer-Ramier, que colecciona precisamente estas arañas, e lévalle unha morta ao experto por se puidese ser do seu interese. 

A partir dese primeiro encontro, o comisario recoñeceralle á anciá que está a investigar o caso das mortes e establecerán unha relación na que ela, que comenta en foros da internet o que está a suceder coas arañas, cóntalle todo o que vai pasando.

Ningún comentario:

Publicar un comentario