Detrás das altas paredes perimetrais, máis aló dos portóns reforzados por barreiras e flanqueados por garitas de vixilancia, atópase Altos da Fervenza. Fóra, o roteiro, a barriada popular de Santa María dos Tigrecitos, a autoestrada, a cidade, o resto do mundo.
En Altos da Fervenza viven familias que levan un mesmo estilo de vida e que queren mantelo custe o que custe. Alí, no country, un grupo de amigos reúnese semanalmente lonxe das miradas dos seus fillos, as súas empregadas domésticas e as súas esposas, quen excluída do encontro varonil, se autodenominan, chanceando, «as viúvas dos xoves».
Pero unha noite a rutina crébase e ese feito permite descubrir, nun país que se decae, o lado escuro dunha vida perfecta.

Ningún comentario:
Publicar un comentario