Tradutor

Podría hacerte daño


Este non é un libro inxenuo. Está formado de pequenas historias case sen importancia -unha operación de xeonllo, unha inesperada patada no cu, a primeira mentira-, pero esas pequenas historias conforman un territorio misterioso, onde se agazapa a besta. Alí, ás veces, a violencia, a hipocresía, a crueldade, acométenos coas súas obscenas poutadas. Pero tamén é un antídoto. Como quen lanza unha pedra ao mar, Luisa Castro proxéctanos desde o máis concreto cara ao territorio do misterio. E nese territorio proponnos a insubmisión da imaxinación e a intelixencia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario