Tradutor

Alfileres en los ojos de los jilgueros


José Ruiz, o cabeza de familia, xornaleiro e militante anarquista, malvive traballando a maior parte do día coa única recompensa de dar para comer aos seus. A pesar do seu oficio e da súa sorte, José é un home ilustrado e autodidacta. Cando o golpe de estado triunfa en Andalucía occidental, ve perigar a súa vida e a da súa familia ante a chegada da chamada Columna Carranza, que xa sementara o terror no Aljarafe sevillano. Foxen a Málaga por recomendación do exalcalde da localidade, amigo seu. Tras a súa chegada, colabora na defensa da cidade e no acollemento dos moitos refuxiados que chegan a ella. A cidade sente, con todo, o abandono do Goberno da República e, sen apenas medios, fai fronte ao inimigo, que acaba por tomar a cidade. É entón cando se produce o éxodo coñecido como A Desbandá. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario