Antaño é un pobo mítico situado no corazón de Polonia, un microcosmos habitado por personaxes singulares e excéntricos: Genowefa, Espiga, Misia, o Home Malo, o señor Popielski, Michał, o vello Boski, Izydor, Florentynka, Roteiro, a señora Papug, un rabino que regala un estraño Xogo, cosacos invasores, almas en pena que se cren vivas, vellas tolas que entenden os animais, cans sabios como Pepona, cabalos, vacas, anxos gardiáns e mesmo o mismísimo Deus.
Un lugar chamado Antaño, a terceira novela de Olga Tokarczuk, consagrouna como unha autora de imaxinación desbordante e unha voz fundamental da literatura polaca contemporánea, e lanzouna internacionalmente, nun importante primeiro paso que desembocaría en dous premios concedidos en 2018: o Man Booker Internacional e sobre todo o Nobel.
Nesta obra inesgotable, sorprendente e cegadora atópanse e chocan o vello e o novo, a masculino e o feminino, a vida e a morte...

Ningún comentario:
Publicar un comentario