O 15 de novembro de 1959, nunha aldea de Kansas, os catro
membros da familia Clutter foron salvaxemente asasinados na súa casa. Os crimes
eran aparentemente sen motivos, e non se atoparon claves que permitisen
identificar os asasinos. Cinco anos, catro meses e vinte e nove días máis
tarde, o 14 de abril de 1965, Dick Hickcock e Perry Smith foron aforcados como
culpables das mortes na penitenciaría do estado de Kansas.
A partir destes feitos, e tras realizar longas e minuciosas
investigacións cos protagonistas reais da historia, Truman Capote deu un
envorco á súa carreira de narrador e escribiu A sangre fría, a novela que lle
consagrou definitivamente como un dos grandes da literatura norteamericana do
século XX. Capote segue paso a paso a vida da pequena aldea, esboza retratos
dos que serían vítimas dunha morte tan espantosa como insospeitada, acompaña á
policía nas pescudas que conduciron ao descubrimento e detención de Hickcock e
Smith e, sobre todo, concéntrase nos dous criminais psicópatas ata construír
dous personaxes perfectamente perfilados, aos que o lector chegará a coñecer
intimamente. Ao xustapor as vidas e o sistema de valores dos Clutter cos dos
asasinos, Capote bríndanos a súa visión da doblez da vida norteamericana.
A sangre fría, que foi bautizada, pioneira e
provocativamente, por Capote como unha «non fiction novel», é un libro
estremecedor que, desde a data mesma da súa publicación, converteuse nun clásico.
Ningún comentario:
Publicar un comentario